O Sun, 17 Sep 2000,  escrebeche:

> > 2) Proxecto GNU/LINUX en Galego
> > Proposta: que o Concello de Vigo, só ou en colaboración con outras
> > administracións locais (xa que a Xunta non está por esta laboura) e/ou
> > en concordancia con entes privados, formen unha equipa de persoas que
> > traballen pola galeguización do Linux e aplicacións correspondentes.
> 
>       É dicir, non sei se por descoñecemento, por falta de claridade, ou
> porque decidiu simplifica-la explicación para os non familiarizados co
> mundo Linux, o caso é que non fixo ningunha referencia ó da "distribución
> en galego", que é unha cousa bastante distinta á "galeguización do Linux e
> aplicacións correspondentes"

Repito, Alexandre non coñece muito o mundo do linux (de feito pediu-me axuda
para instala-lo no seu computador algun ano destes). Ten interese en ter
software en galego, e como eu lle convencin que a forma mais sinxela é mediante
linux, el fixo unha proposta na CCNL de Vigo. Ou sexa por agora só hai unha
proposta. Que se cadra non é a mais conveniente, haberia que ve-lo, mais que se
pode mellorar. 

Sindo desiludiros mais non vai aparecer que vos faga o choio. En todo caso pode
aparecer nova xente para axudar, e se cadra non só para traducir. E seguramente
poden-se conseguir financiación, publicidade, locais, etc. Ademais se un
concello axuda ao Trasno, ou outros van ter ciumes, e tamén quereran axuda-lo.

> E aparte de non ser trivial, é unha carallada :-) Hai xa
> suficientesdistribucións de Linux; si queremos que haxa algunha en galego, o
> que hai que facer é traducir os programas que a forman (como xa estamos a
> facer), e así *calquera* distribución será "en galego". Quedarían os programas
> de instalación particulares por traducir, pero iso sería algo secundario.

  Unha cousa é facer unha distribución totalmente nova e outra e adaptar unha
xa existente: traducir non só os programas, mais tamén a documentación, gravar
uns CDs, imprimir un manual e distribui-lo por aco. Con todo semella que o da
distribución linux do concello de Vigo inventei-mo eu. E estou totalmente de
acordo que non é o máis urxente.

Unha das cousas que falamos por telefone foi na posibilidade de introducir
software libre e en galego na administración. Ten as suas dificultades, mais
facendoo ben poderia ser un puntazo. Por ai xa hai mais xente a pedi-lo.

http://www.arnal.es/free/campanyaga.html


Un saudo
        Ramón

P.D. Francamente non creo que teñades nada que recear de Alexandre, se cadra
descoñecemento.

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a