Galego21 - Proxecto Xis (www.galego21.org/xis):

O proxecto Xis ven de reorientarse e de extrenar páxinas Web novas.

O Proxecto Xis, nacido para a adaptación do Netscape Communicator ao galego, 
despois de sacar a súa primeira versión, o Xis 4.03, reorienta a súa idea 
inicial e amplia o ámbito de traballo a todo o software de libre distribución. 
o Proxecto Xis está incluido dentro da plataforma de traballo de Galego21 
(www.galego21.org) que engloba aos seguintes proxectos:

Lapis de Cores: , onde se poden atopar recursos educativos en Galego de todo 
tipo, dende textos ata programas educativos (Lapis de Cores)

Proxecto Rianxo: Un proxecto de elaborar un traductor de textos automático de 
galego-castelán e de castelán ao galego e que xa conta cunha versión operativa 
totalmente gretuíta na rede en forma de applet de Java nunha páxina Web.

Proxecto Tomiño: Proxecto para poñer na rede as obras dos grandes autores 
galegos que xa estean libres de dereitos de autor para que calquera poda 
baixalas e disfrutar delas. Hoxe en dia xa se contan con mais de 5Gb de obras 
de autores entre os que figuran Rosalía de Castro, Padre Feijoo, Alfonso X, 
etc..

Proxecto Rábade: Un curso en liña de galego orientado sobre todo a fillos de 
emigrantes galegos no exterior.


SOFTWARE DISPOÑIBLE NO PROXECTO XIS:

Despois de meses de traballa o Proxecto Xis acaba de poñer a dispor de todos os 
internautas e usuarios de informática de Galicia  a adaptación ao galego dos 
programas mais populares tanto de internet como de multimedia. Así pois 
calquera pode baixar de xeito gratuíto dende 'www.galego21.org/xis' os 
seguintes programas elaborados polo equipo do Xis:

- Xis 4.03 .- A adaptación ao galego do coñecido navegador Netscape 
Communicator, que inclúe navegador Web, Xestor de Correo electrónico, Xestor de 
grupos de debate, e editor HTML.

- WinAmp 2.64 .- O mais famoso reproductor de arquivos de música en formato MP3

- WebCopier 2.1 .- O navegador off-line mais empregado polos internautas a 
nivel internacional. Permite baixar todo un sitio Web ao noso disco para 
despois navegar polas suas páxinas sen conexión telefónica.

- WebZip 3.80 .- Igual que o WebCopier, pero permite gardar o sitio descargado 
en formato Zip.

- LeechFtp 1.3.- Un excelente cliente de Ftp que nos permitirá descargar 
arquivos dende servidores FTP, ou nos permitirá xestionar o noso sitio WEB.

- NetVampire 3.3 .- Un xestor de descargas de arquivos de internet que permite 
entre outras cousas, recuperar unha descarga que se cortou polo medio no punto 
onde se deixou, sen ter que comezar de novo a descarga que moitas veces pode 
supoñer unha grande cantidade de Megas. Aforrando tempo e sobre todo cartos.

Easy CD-DA Extractor: Permite pasar música dun CD a formatos dixitais para 
escoitalos por ordenador en varios formatos, principalmente MP3.

Mozilla 6 (M14) .- A evolución do Netscape Communicator, e sobre o que se basea 
a nova versión do Netscape 6 acabado de sair. Esta é unha versión provisional, 
con erros aínda pero que permitenos ver como será a vindeira versión do 
navegador XIS, con xestor de correo de grupos de novas e editor HTML, ademais 
incorpora con respecto ao Netscape Communicator técnicas avanzadas de 
programación orientada a obxectos. Este novo producto incorpora total 
compatibilidade cos estandares HTML 4, CSS, -1, XLM, RDF, etc...


Para descargar as versións destes programas ademais doutros da autoría doutras 
persoas que estan dispoñíbeis na rede podes ir a www.galego21.org/xis . 

Para mais información:

 camilo.regue...@galego21.org 

Responderlle a