>* GNU/LINUX
>
>Esta proposta non se trata, como antes, de promover novos grupos de
>traballo.

        Vale, é que a explicación que diches non era moi aclarativa. ;)

>Tratase de que dende o Concello se FINANCIE a traducción. ¿Ós
>grupos que xa existen, lles viria mal que puderan contratar xente que se
>adicara en exclusiva ós seus proxectos,

        O proxecto Trasno non é ningún tipo de asociación con soporte
legal, polo que isto simplemente non é viable.  E, polo que eu sei
(incluíndo a miña opinión), ninguén ten a intención de mudar esa situación.

>ou que lles financiaran dalgún xeito o seu traballo,

        Isto ven ser algo parecido ó anterior... A única financiación
posible (tendo en conta as poucas necesidades "físicas" que temos) sería
unicamente para as persoas.  E dos que estamos en Trasno, AOCSE, non
habería ningún que quixese traballar por diñeiro (podes ler isto na páxina
de información de Trasno, pregunta 1.7).  É unha filosofía linuxeira, non
outra cousa. ;)))

>para que este se rematara totalmente canto antes?

        Só un pequeno detalle... a traducción de programas en constante
desenvolvemento é algo que non rematará nunca. ;)

>E co linux e as suas aplicacións xa traducidas, que o concello
>abandonara o windows dunha vez. E o mesmo que co proxecto do certame,
>todo ese traballo (doutras persoas), ofrecerllo masivamente á cidadanía.

        O de substituír windows por software libre é algo naturalmente
desexable, pero é un asunto independente.  En canto á viabilidade, é algo
que hai que estudiar á parte.  Temas como o de crear ou non unha
distribución... ben, eu teño a miña opinión persoal, pero non é cousa miña, 
xa que iso precisa unha análise máis profunda.

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a