El día 19/Sep/2000, Camilo Regueiro escribía:

> Dacordo.... tes toda a razón, matizarei esa frase. Pero de todos xeitos
> diferencia software de libre distribución de software de código aberto que é
> o que se fai en Linux e eso si que non o dixen. Digoo para ser tamen
> admirado como RMS :))).

        Non, é que en Linux hai de toda clase de software :-D Hai software "de
libre distribución" (freeware, para entendermonos), software Open Source (de
código aberto), shareware, software comercial ... :-) Que a meirande parte
sexa de código aberto non quere dicir que sexa todo así. Aínda que me gustaría
:-D

        E o propio termo de "libre distribución" ten moitos detalles. Hai
moitos programas que son de distribución caseque libre: programas que permiten
a súa distribución só en forma de fontes, programas que permiten a súa
distribución libre mais non permiten que se cobre nada por eles (en forma de
CDs ou revistas, por exemplo), etc.

        A miña suxerencia para ser políticamente correctos sería dicir
"software gratuito (freeware) e de demostración (shareware) para Windows", xa
que iso é o que tedes de momento. Non é que cambie moito (casi nada, de
feito), pero é unha cousa máis exacta :-)

        Síntoo, pasei demasiado tempo con Jacobo e pegóuseme toda a cousa
legal isa de definir as cousas do xeito máis axeitado posible :-D

-- 
             Roberto Suarez Soto             ·           Help me ...
               ask...@gpul.org               ·           Heal me ...
          Corgo/Lugo/Galicia/Spain           ·           Kill me ...

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a