>
> Tanto andar a falar de prazos para facer pública a páxina, e... X-D
>


    Jesus e demais.... xa vos iredes afacendo a estas cousas :))), ás veces
o tema da publicidade/previsións se desbordan :)).

    Pois noraboa, comezades a vosa/nosa (eu tamén me considero algo do
TRASNO)  vida  "publica" ;)).


    Pregunta. Quero instalar un servidor WEB/FTP, etc.. baixo Linux, coas
seguintes premisas:

    - A miña experiencia en Linux, non pasa dunha intentona de instalación
vai xa 2 ou 3 anos, e moi fallida por certo ao tentar instalar o entorno
gráfico.

    - Quero unha distribución moi sinxela de instalar (tipo Windows ou
mellor) e que me supoña o mínimo 'choque' tendo en conta que veño de
entornos Windows (ben... tamén traballo en entornos de grandes máquinas con
sistemas propietarios , tipo OS2200).

    - Por favor, pros e contras de polo menos 2 opcións.

    - Tiña na cachola a distribución de Corel ou Red Hat, xa que parece que
cumple bastante ben o da facilidade de instalación, e cambio de entorno.....
opinións por favor.



    Ben, agradezovos de antemán a axuda


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a