Sun, Oct 01, 2000 at 12:35:56PM +0200, AFORJANB36 escribiu:

> Ben, eu traducín nun principio o " ksyscrtl" e "kpackage". Mandeinos como
>ficheiro gl.po. Agora estaba a traducir o "kmcbackup".

        ¿Cando o pediches?  Se estamos liados é normal que tarde varios
días en que se actualice...

>  O que sería bó é que alguén se ocupara de que cando un baixa un ficheiro
>para traducir, se reflexara na páxina para que ninguén mái o baixe e así
>non repetir traballos. En canto a que Alejandro llos asigne a unha persoa
>non o entendo porque ti podes baixar calquera de eles aínda que eso sí, eu
>cando baixei algún, din conta a Alejandro.

        A idea é que quen baixe un ficheiro, non empece a traducilo ata que
non reciba a confirmación do coordinador.  O problema con KDE é que son
unha morea de ficheiros pequenos, e o tempo que leva traducir algúns deles
pode ser menor do tempo que tarda en contestar o coordinador...

        Habería dúas posibles solucións:

- Pedir 4, ou 5 ficheiros de cada vez, de xeito que o traductor teña
  traballo para máis tempo.

- Automatizar máis o proceso, de xeito que dende a páxina web o traductor
  poida "autoasignarse" un paquete.  Xa pensei nisto, pero non me fai
  demasiada gracia. ¿Opinións?

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a