Hay varios proxectos que piden axuda para a traducción, por exemplo, hoxe
estiven na páxina do siag office, creo que disto xa se falara por aqui, pero
para lembralo, aparece que buscan quen o traduza ó "galician", así que se
temos algun voluntario...

Por outra parte dicir que ó parecer xa comezou en serio a traducción de
mailman 2, polo de agora estan marcando as cadeas e tal, e coma non me
pediron axuda eu fago coma que non sei nada, pois non teño tempo, en canto
marquen abera que empezar a traducir, e aí si que non nos han facer o
traballo de pasalo ó galego, así que habera que traducir arreo, en fin, se
alguén quere colaborar ahora na marcación ou logo na traducción ó galego que
mo faga saber.

De que molaría traducir staroffice agora que é libre e parte de gnome,
mellor non digo nada, xa que só de pensar como se nos van a escarallar as
porcentaxes de traducción no gnome... case que da a risa ;-)

Nada mais.

Saudos!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a