Boas: En primeiro lugar saudarvos a todos nesta miña primeira mensaxe á lista de TRASNO, e ofrecervos a miña achega en todo o posible. En primeiro lugar, recoméndovos botar unha ollada a unha páxina que non ten desperdicio e concretamente a un comentario na mesma sobre a informática e o "galego" tirado do panfleto da caterva lusista Bonaval. E pra mostra un botón, a primeira columna é o termo en galego (¿?), a segunda en español (¡ups! ;)e a terceira en portugués (por suposto). Almofadiña / Alfombrilla / Tapete Almofadiña / Alfombrilla / Tapete Enlazar / Enlazamento Enlazar Ligar / Ligação Vínculo (tirado de http://members.es.tripod.de/lingua/bonaval.htm) Ademais do evidente descoñecemento da lingua que presumen falar, e a absurda, inocente e inútil demagoxia apresentada nesa páxina é sinalable a pouca profusión coa que teñe entrado a terminoloxía informática galega na linguaxe popular e nos medios de comunicación, que leva mesmo á xente que di defendela a descoñecer o termo (probablemente o máis empregado dentro dos esquecidos) "ligazón", por non comentar a sorpresa que me produciu comprobar que o que teño encol da cama é unha alfombra (non, si xa dicía eu que estas dores de pescozo non eran normais). Todo isto ven, ademais de coma crítica ó coñecemento destes que se asociacian pra definir o termo castrapo e facer xuntanzas onde o máis importante é ¿descer? un río (caray! me magullé!), coma aviso da importante cantidade de galegofalantes en contacto coa informática que descoñecen a correspondencia galega dos termos que tan habilmente empregan en inglés ou español, e mesmo algúns en portugués. Propoño a creación dun diccionario de terminoloxía informática con todo o que conleva, significado do termo, pronuncia, etimoloxía, sinónimos, etc. Teño algo feito dun vello proxecto dos tempos de gzLinux que enviarei pra que lle botedes unha ollada e quen quera colaborar teña un referente. Por último comentar unha iniciativa que considero sería bo apoiar desde as páxinas de TRASNO que é a de acadar un dominio de primeiro nivel pra Galiza. Aconséllovos lexades a faq de vieiros ó respecto, hai unha ligazón na páxina da que vos falo. http://www.arnal.es/puntoga/ Deica. Nuno André Novo "WoDeN" -- Get your free email from www.linuxmail.org
Powered by Outblaze
-- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a