-----Original Message-----
From: Jesus Bravo Alvarez <j...@pobox.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Sat, 27 Jan 2001 01:28:14 +0100
To: tra...@ceu.fi.udc.es
Subject: Re: O_galego_na_informática

Boas:

    En primeiro lugar comentar o agrado que me produciu comprobar que o 
desarraigo histórico non conquire tódolos proxectos normalizadores na Internet 
;)
    En segundo lugar, quixera facer un comentario sobre o proxecto dun 
diccionario de terminoloxía informática.
    Tés razón, Jesús, no tocante á dificultade de elaborar un documento de 
tales características, nembargantes coido que dispoñemos de todo o tempo e 
tódolos medios posto que nin caduca nin estaría nunca rematado, isto é, ó 
traducir unha aplicación ou un documento de GNU/Linux atopámonos con que pasado 
certo tempo este áchase desfasado, ou sexa, a utilidade da traducción é 
directamente proporcional a xuventude da mesma; nembargantes, no diccionario 
acontece de xeito inverso, canto máis tempo pase, suponse que máis xente 
correxirá, engadirá e depurará os termos incluidos no diccionario co que se 
convertirá nunha ferramenta cada vez máis útil. Do mesmo xeito, a colaboura non 
ten porqué ser perenne, ou sexa, calquera membro de TRASNO poderíalle botar 
unha ollada á última actualización do diccionario e decidir facer un comentario 
sobre un ou varios termos ou incluso engadir algún.
    Xa lera o vocabulario dispoñible na páxina, pero coido que é máis útil para 
os traductores que o diccionario que propoño e menos para o usuario normal. 
¿Non credes?
    Ben, sen máis despídome.
    Unha aperta.
    Nuno André Novo "WoDeN" <n...@linuxmail.org>

P.D.: Abofé que chegou estraga a miña mensaxe ;), coido que esta chegará en 
mellor estado.

P.D.: En breve enviarei á lista o pouco que había de diccionario para que polo 
menos lle botedes unha ollada.
-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 


Powered by Outblaze
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a