Hola!

Xa hai tempo que non escribía eu por aqui :-)

Pois nada, que xa hai tempo tamén dixera que ia traducir o mailman, e agora
con mais razón, xa que ó termos dominio propio, non estaría mal termos a
lista no dominio e a ser posible pois en galego, que carallo.

En fin, que xa teño instalado a versión do cvs do mailman e xa fun quen de
aplicarlle as traduccións do castelán e funciona :-)

Así que estou preparado para poñerme a traducir o mailman, ainda que vendo a
traducción que lle fixen o outro día a Jacobo (que estaba totalmente mal) un
se pregunta se non será mellor que a faga outro que non que a faga este
inculto e logo a teñan que correxir (refacer de todo). Por iso se algén con
mais experiencia nisto a quere traducir, que mo diga, eu lle pasaría o que
hai que traducir, e iso si, probaría logo a traducción :-) Se non, pois
nada, tentareino traducir eu e que deus nos pille confesados X-)

Saudiños!
-- 
Manty/BestiaTester -> http://manty.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a