On 18 May 2001 15:22:01 +0200, Jacobo Tarrio wrote:
> 
>  Tamén anda a se traduci-la instalación de Debian (e de regalo, tamén o
> manual de instalación). Alberto García traduciu o dpkg e o dselect, eu estou
> co resto das cousas; por suposto, vou mandando as traduccións segundo se van
> facendo; a traducción do propio instalador tamén está mandada (así que se
> sacaran woody mañá, iría traducida; cunhas poucas erratas que xa teño
> localizadas, pero traducida) e só me falta acaba-la documentación (quédanme
> coma uns 260kB de docs por traducir X-))).

anda, mira ... un que traduce doc. :D

>  Ah, e o 24 de maio dou unha charlaponenciaconferenciachamádeocomoqueirades
> na Facultade de Informática da Coruña, ás 12:00. Dígoo porque se cadra
> alguén ha querer insultarme en persoa, e así facilítaselle a vida :D

oh! eu teño exame ao dia seguinte :/ e eu coas gañas que tiña de
vingarme polo que me insultaches na party XNG ... :P~

sería interesante que dixeras o tema do que trata de todas maneiras ...
supoño que de Trasno ... Fran xa me informara hai uns días ;)


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a