Estamos a traballar, o que pasa é que non actualizamo-las novas porque
somos uns preg^H^H^H^Hmodestos :D

 Acaba de se reactiva-lo Free Translation Project, que leva o das
traduccións do software GNU; François Pinard estaba *moi* ocupado, seica,
así que agora os coordenadores do proxecto son Karl Eichwalder e Martin v.
Loewis. Agora están actualizando os paquetes coas traduccións, e hai que
actualizalas (as traduccións). Haberá que agardar, supoño, unha tempada
antes de mandar novos recados de "asigna a Pepiño na equipa brasileira para
o parted" e todo iso :-) Cando remate de actualiza-la libc, porei no CVS as
traduccións actualizadas.

 Tamén anda a se traduci-la instalación de Debian (e de regalo, tamén o
manual de instalación). Alberto García traduciu o dpkg e o dselect, eu estou
co resto das cousas; por suposto, vou mandando as traduccións segundo se van
facendo; a traducción do propio instalador tamén está mandada (así que se
sacaran woody mañá, iría traducida; cunhas poucas erratas que xa teño
localizadas, pero traducida) e só me falta acaba-la documentación (quédanme
coma uns 260kB de docs por traducir X-))).

 De gnome tamén sei que mediorreactivaron iso estes días, que houbo unha
serie de "commits", pero non sei nada máis.

 E do KDE, tampouco sei.

 Ah, e o 24 de maio dou unha charlaponenciaconferenciachamádeocomoqueirades
na Facultade de Informática da Coruña, ás 12:00. Dígoo porque se cadra
alguén ha querer insultarme en persoa, e así facilítaselle a vida :D

-- 
 Jacobo Tarrío | Grupo de Programadores y Usuarios de Linux | http://gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a