O Luns 18 de Xuño de 2001 ás 12:40, Jacobo dicía:

>dun coordinador, temos tres (o antigo, e dous máis), así que os atascos xa

        Fáltame un... Karl e mais... mmm ¿quen é o outro? :-?

> * E falando do Free Translation Project, vou face-lo que tiña que ter feito
>de antes, pero como xa sabede-lo botado para adiante que son, pois... e non
>se trata de ir "conquistando" os paquetes traducidos por xente sen

        Por certo, que eu teño algúns sen actualizar... A ver cando rematan
os malditos exames do ca^H^Hraio...

> * Ou sexa, no canto de crear un novo ficheiro por versión no CVS e borra-lo
>antigo, imos usar sempre o mesmo, que se vai actualizar. Deste xeito, o CVS
>ha ser máis óptimo, Suso non me ha tomar tanto o pelo, e poderei
>roub^H^H^H^H^H adapta-lo seu script de estatísticas de GNOME e KDE ao
>proxecto GNU. Amén.

        Amén, así me gusta. :D  E xa de paso podes melloralo e/ou facelo en
perl (que eu non teño ganas, e os que están polo menos funcionan). :D

> * E isto porque estou de exames, así que se queredes que faga algo máis,
>apurade antes de que rematen, que xa sabedes que por non estudiar, fago o
>que sexa :DDD

        Normal. :D

> * Están a reorganizar un pouco os paquetes que traducen: borraron algún
>(indent, por exemplo), borraron traduccións antigas e introduciron novos
>paquetes no TP. Suso: meteron fetchmail, xa pedín que cho anoten.

        Vale, ben, metereino tamén na lista de para-traducir. X-)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a