Ola,

        Dende hai uns meses teño bastante pouco tempo (xa non son un 24/7
como diría o Creque :D), e ando xustiño para actualizar as traduccións
que levo de gnome/gnu/kde (as que actualizo, que tampouco son moitas...)

        Así que, vendo o panorama, mellor é que outras persoas tomen a
responsabilidade de traducir a Mandrake e a SuSE (ou polo menos unha parte
delas).

        Son bastante 'gordas' (actualmente 2700 mensaxes Mandrake e 3900
SuSE).  As novas versións levan normalmente bastantes cambios (de 500 a
1500 mensaxes para traducir/revisar).  A de SuSE é aínda máis pesada porque
boa parte das mensaxes son de axuda e por tanto bastante longos.  De todos
modos, sempre se pode deixar iso á parte e traducir o que sexa máis
importante.

        Tomás Fernández díxome hai un mes que lle gustaría colaborar coa
traducción da Mandrake (vaime matar pola longa espera) O;)

        ¿Algún voluntario máis?

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a