Alberto García wrote:
> 
> O martes 11/09/2001 ás 23:53, Jesus Bravo Alvarez dicía...
> 
> >       Este artigo de Vieiros parece ser a única referencia na rede sobre
> > o asunto (que raro, coa presencia tan abrumadora que ten o galego en
> > internet...) :)
> 
>         Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?
 
Non creo que se haxa que preocupar tan axiña, que esto ainda ten que
pasar polas mans da Real Academia que é a que decidira se se aproba ou
non xa que son eles os únicos que teñen poder de decisión sobre o
galego. Non hai que esquencer que este é un proxecto alleo á (¿aa?)
academia.

De calquera xeito, segundo o que lin na Voz, calquera texto escrito
correctamente na normativa oficial actual seria correcto (ainda que
secadra non o recomendado) na nova, que para algo pretende ser de
consenso.

Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
tocallo.

Saudos.

PD: Os datos poden non seren de todo correctos
    A última parte é opinión persoal
    En caso de dubida pregunte antes de protestar.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a