O Mércores 12 de Setembro de 2001 ás 17:43, Xoán dicía:

>       Cousa boa, asi o meu pai deixará de me chamar lusista :) Canto ao 
>de adaptar as traducións, penso que ha ser máis ben unha simple (ou non 
>tanto... :/) corrección.

        Depende do tipo de modificacións que sexan.  Se son cousas que se
poden corrixir medio-automaticamente (buscar->substituír), non será moito
problema.  Outra historia sería p.ex se cambian as regras de acentuación
(sería->seria), pero polo que mirei non hai nada diso. :?

>Hai unha história que me preocupa. Inclui isto 
>os verbos? Por exemplo: falaches/falache ou cousas desas. O artigo d'A 
>Nosa Terra non é muito explícito ao respeito.

        Pois non parece haber máis sitios onde falen disto, así que teremos
que esperar...

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a