Xoán Pedracova wrote:

>>>> Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?

>>> Non creo que se haxa que preocupar tan axiña, que esto ainda ten que
>>> [...]
>>> academia.
>> Xa, é alleo pero foron os departamentos de galego das tres
>> universidades e o ILG. Non teñen precisamente pouca importancia. ;)
> 
> humm, home, mira o ILG e Universidade de Santiago son a Satísima Dualidade, 
> polo que eu reduciría a cousa aos Departamentos de Língua > Galega. O que me 
> preocupa é esa "cova de dinosaurios" (ollo, isto leva-o dicindo muito tempo o 
> Manolo Rivas) que é a R.A.G., que non o > é só da nosa língua, senón de 
> muitas cousas máis.

Eu poñia en dubida o da aceptación da norma precisamente porque sempre
escoitei falar un pouco mal da RAG, cousas como "non fan nada, os unicos
que fan algo son os do ILG" e cousas polo estilo, probablemente tamen
lin algunha opinión de Rivas sobre o tema.
Eu deso non teño moita idea e prefiro non opinar, pero o da nova norma
parecia boa idea e
poderia contentar aos escritores e "intelectuais" que viñan reclamando
dende hai tempo un meirande achegamento ó portugues. Incluso o
presidente do Consello da cultura galega (¿era asi?), Carlos Casares,
defendia o achegamento, e eso que el escribe as suas columnas nun galego
moi pouco normativo.
 
>>> Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
>>> despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
>>> tocallo.
> 
>> X-DDD Ben, podemos facer unha aposta logo. :D
> 
> De acordo. Apostamos unhas tazas de Ribeiro nalgún bareto de Compostela, por 
> centralizar a cousa XD
> 
O da aposta era un xeito de falar, pero se hai que ir vaise. :)

Atopei unha pouca mais información na edición dixital da voz de galicia,
desgraciadamente trae bastante menos que a edición impresa do mesmo dia,
pero nel comentase o que eu decia da relación entre a norma actual e que
se proporá. A dirección: <
http://www.lavozdegalicia.com/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=729654&txtDia=7&txtMes=9&txtAnho=2001
> . Se queredes podedes buscar mais na hemeroteca da voz noutros dias:< 
> http://www.lavozdegalicia.com/hemeroteca/index.jsp?txtAnho=2001 >.

Saudos. ;-)

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a