O Martes, 18 de Setembro de 2001 ás 10:52:35 +0200, Roberto Suarez Soto 
escribía:

>       Pois iso :-) Eu estaba casi por "controis", mais lembrei que había
> unha gramática especial coas palabras rematadas en 'l', que non sempre eran
> iguais :-m ¿Unha axudiña? O:-)

 As palabras monosílabas rematadas en -l fan o plural engadindo -es: sol ->
soles, fol -> foles, ril -> riles, etc.

 As palabras compostas nas que o derradeiro elemento é un monosílabo destes
fan o plural do mesmo xeito: ollomol -> ollomoles, cartafol -> cartafoles,
etc.

 As palabras agudas de máis dunha sílaba rematadas en -l fan o plural
cambiando o -l por -is, ou -il por -ís: animal -> animais, funil -> funís,
papel -> papeis, civil -> civís, etc.

 As palabras graves rematadas en -l fan o plural engadindo -es: mísil ->
mísiles, difícil -> difíciles, túnel -> túneles, etc.

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a