O Martes 18 de Setembro de 2001 ás 10:52, Roberto dicía:

>       Pois iso :-) Eu estaba casi por "controis", mais lembrei que había
>unha gramática especial coas palabras rematadas en 'l', que non sempre eran
>iguais :-m ¿Unha axudiña? O:-)

        Isto estaba non sei onde. :D

   -avales / avais
   -controles / controis
   -reas / reais
   
   Os plurais irregulares, é dicir, os que non se corresponden coa norma
   xeral para as palabras agudas rematadas en -l, recóllense na GG (pp.
   66 e 67), DXL86 (pp. 92, 225 e 719) e no DDLG (pp. 84, 157 e 158). No
   DRAG90 (p. 638), nas NOMIG82 (p. 172) e nas NOMIG95 (pp. 78 e 233)
   prescríbense os plurais completamente regularizados (avais, controis,
   reais).

        DXL86 é o Xerais, GG é a gramática galega, o DDLG o diccionario de
dúbidas, o DRAG é o diccionario da real academia, e as NOMIG son as normas
ortográficas e morfolóxicas.

        Non sei, supoño que terá que ser controis, no diccionario da páxina
web puxen 'controles' porque o mirei no diccionario de dúbidas, pero supoño
que o ILG e a RAG terán máis que dicir... :-m
        
-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a