Ola a todos.

O motivo de esta mensaxe é para dicirvos que os de G21, máis en concreto os
do Lapis de Cores queremos ter o Gimp en galego pero para Windows. O único
que se persigue con esto é ensinar a informática en galego ós máis cativos.
Xa sei que o de Windows non é específico de esta rolda pero suponho que si
será o do galego, así que quería pedirvos axuda por si sabedes como se
podería portar o Gimp en galego xa existente para Linux a Windows. Xa mirei
na páxina do autor do portamento desde Linux a Windows pero non di ren de
outros idiomas que non sexa o inglés e os enderezos que da, mandan de volta
as mensaxes que van dirixidos a eles. Suponho que o ideal sería aproveitar
o ficheiro de idioma que hai en galego para Linux e ponhelo no Windows,
peor. Pódese facer eso? Cómo se fai?

 Si alguén pode axudarnos, bastaría con que nos dixera cómo se podería
facer o traballo.

Un saúdo.
Anxo.
-------------------------------------------------------------
Galego21: o galego no terceiro milenio.
Galego21: galizan language in the third millenium.


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe
  • Gimp. aforjanb36

Responderlle a