ola xentiña:

é ben sabido (e practicado) que precisamente nas épocas de exames é
cando mais te pos con "parvadas" que non deberías facer e todo iso..
pois ben, deume por matinar e creo que xa é tempo de comezar a facer
algo sobre o tema da última mensaxe (minus SPAM, claro X).

de feito, mandei a mensaxe a ver se producía algún tipo de reacción (xa
supoñía que a maioría de vós coñecía o tema), e parece evidente que non
me fixestes nin caso. aiiii, onde irán os tempos nos que tanto nos
divertíamos mandando montóns de mensaxes co da normativa polo medio? ou
será precisamente que só nos movilizamos con ese tema morboso? :bbb

nfins.. non temades que non vai por aí. a ver, primeiro que DDE é un
acrónimo que usamos con frecuencia Suso e mais eu -seguramente máis
xente-, que significa Despois Dos Exames. póñoo entre interrogantes por
se alguén de súpeto apaña unhas gañas tolas e non pode deixalo para
despois, anque o dubido X)

logo, o tema vai de impulsar unha proposta semellante desde aquí (por se
aínda non percebestes.. refírome á de Softcatalà -por dicir unha das
múltiples iniciativas do xénero- co de soft libre para a administración
pública: http://www.softcatala.org/admpub/).

cando digo semellante refírome a que non é a típica conversa flameando a
M$ nin á conferencia de frikis nalgunha party ou no HispaLinux, senón
que incluiría desde posicións éticas e filosóficas da administración
(estilo o do Perú, http://www.gnu.org.pe/rescon.html), a cuestións
económicas, educativas.. e tamén lingüísticas.

como se faría todo isto? pois contar cuns cantos textos centrados nestas
áreas (para o que se poden incluír/reconstruír/reciclar/... textos que
xa teñamos feito con outros propósitos), encadealos uns con outros e
formar un sitio web da campaña, con outras cousas como pode ser unha
lista de correo específica ou o que sexa.

e a partir de aí comezariamos a desenvolver a campaña: meter publicidade
en sitios visibles, organizar xornadas ou debates, falar con xente
responsable destas áreas nas administracións.. etc.

obviamente non quero definir proxectos xa, senón lanzar a idea para que
comentedes, vos unades, *e tamén* reenviedes a outros sitios onde poida
ser de interese.. etc.

e amais diso, especificamente para Trasno: anque non queirades
participar activamente, gostaría de saber se Trasno como grupo o
apoiaría, tanto oferecendo recursos telemáticos (basicamente web e
listas de correo, anque é sinxelo conseguilas en calquera lado é pola
idea de integrar a idea en Trasno) e/ou de "patrocinar" (asumir e
promocinar) a campaña.

pois xa está, a ver se me facedes algo de caso e contestades.. anque
namais sexa para dicir que pasades do tema e que Trasno non debería de
meterse no tema ;)


PD: sóame de que hai tempo xa lera algo deste estilo de ámbito galego, o
que non lembro é se era un comezo de campaña, tan só un texto.. ou se se
me foi a bola O:) alguén sabe?

PD2: como dixen antes, pediría que redirixísedes a sitios onde poida
interesar. é probable que xente á xente de pex GPUL ou G21 lle interese
anque só sexa estar informada, e deixo a decisión nas vosas mans. tamén
é que non estou suscrito a ningunha outra lista desas, así que
*incluídeme no CC* se se dá o caso ;)

PD3: soft libre == free software != open source, imaxino que para a
maioría da xente que lea isto xa ten isto claro dabondo :)


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>

GnuPG pubkey: [http://sindominio.net/~manuel/gpg-pubkey.txt]

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

Responderlle a