Ola a todos.

Manuel, despois de le-la tua mensaxe entendo máis ou menos o que
plantexas, e tentarei da-la __miña opinión__ con respecto ó do apoio do
trasno. 
Creo de de sair adiante a proposta que fas o trasno deberia
apoiala, porque precisamente unha das vantaxes do sw libre é que pode
estar doadamente adaptado a calquera lingua e imaxino que sería ese
precisamente un dos pilares principais da campaña. O que non teño claro
é o tipo de apoio que debería dar, refirome a que non debe ser un
proxecto pechado ó trasno, senon algo máis global que é apoiado por
outros proxectos(Trasno, G21, ...). Trasno podería promociona-la campaña
e incluso traducir algun documento propagandístico, pero non creo que
encaixara esto como un subproxecto integrado no Trasno. Nembargantes ese
proxecto si que poderia facer por promocionar Trasno.

Pola miña parte so che quero decir que che dou todo o meu apoio
emocional, porque non vexo de que outro xeito podería participar en
semellante iniciativa, ben se ve nesta mensaxe que o meu non é nin a
dialéctica nin a filosofia. Non me vexo en condicións de escribrir
textos para convencer a ninguén do uso do SW libre cando eu mesmo teño
opinións enfrentadas sobre ese tema.

Saudos a todos e sorte.


O 20 May 2002 14:26:54 +0200
"Manuel A." Fernández Montecelo <man...@sindominio.net> escribeu:

> ola xentiña:
> 
> é ben sabido (e practicado) que precisamente nas épocas de exames é
> cando mais te pos con "parvadas" que non deberías facer e todo iso..
> pois ben, deume por matinar e creo que xa é tempo de comezar a facer
> algo sobre o tema da última mensaxe (minus SPAM, claro X).
> 
> de feito, mandei a mensaxe a ver se producía algún tipo de reacción
> (xa supoñía que a maioría de vós coñecía o tema), e parece evidente
> que non me fixestes nin caso. aiiii, onde irán os tempos nos que tanto
> nos divertíamos mandando montóns de mensaxes co da normativa polo
> medio? ou será precisamente que só nos movilizamos con ese tema
> morboso? :bbb

A normativa oficial é unha merda, as outras son merda tamen :-P  X-D

> nfins.. non temades que non vai por aí. a ver, primeiro que DDE é un
> acrónimo que usamos con frecuencia Suso e mais eu -seguramente máis
> xente-, que significa Despois Dos Exames. póñoo entre interrogantes
> por se alguén de súpeto apaña unhas gañas tolas e non pode deixalo
> para despois, anque o dubido X)
>
> logo, o tema vai de impulsar unha proposta semellante desde aquí (por
> se aínda non percebestes.. refírome á de Softcatalà -por dicir unha
> das múltiples iniciativas do xénero- co de soft libre para a
> administración pública: http://www.softcatala.org/admpub/).
> 
> cando digo semellante refírome a que non é a típica conversa flameando
> a M$ nin á conferencia de frikis nalgunha party ou no HispaLinux,
> senón que incluiría desde posicións éticas e filosóficas da
> administración(estilo o do Perú, http://www.gnu.org.pe/rescon.html), a
> cuestións económicas, educativas.. e tamén lingüísticas.
>
> como se faría todo isto? pois contar cuns cantos textos centrados
> nestas áreas (para o que se poden incluír/reconstruír/reciclar/...
> textos que xa teñamos feito con outros propósitos), encadealos uns con
> outros e formar un sitio web da campaña, con outras cousas como pode
> ser unha lista de correo específica ou o que sexa.
> 
> e a partir de aí comezariamos a desenvolver a campaña: meter
> publicidade en sitios visibles, organizar xornadas ou debates, falar
> con xente responsable destas áreas nas administracións.. etc.
> 
> obviamente non quero definir proxectos xa, senón lanzar a idea para
> que comentedes, vos unades, *e tamén* reenviedes a outros sitios onde
> poida ser de interese.. etc.
> 
> e amais diso, especificamente para Trasno: anque non queirades
> participar activamente, gostaría de saber se Trasno como grupo o
> apoiaría, tanto oferecendo recursos telemáticos (basicamente web e
> listas de correo, anque é sinxelo conseguilas en calquera lado é pola
> idea de integrar a idea en Trasno) e/ou de "patrocinar" (asumir e
> promocinar) a campaña.
> 
> pois xa está, a ver se me facedes algo de caso e contestades.. anque
> namais sexa para dicir que pasades do tema e que Trasno non debería de
> meterse no tema ;)
> 
> 
> PD: sóame de que hai tempo xa lera algo deste estilo de ámbito galego,
> o que non lembro é se era un comezo de campaña, tan só un texto.. ou
> se se me foi a bola O:) alguén sabe?
> 
> PD2: como dixen antes, pediría que redirixísedes a sitios onde poida
> interesar. é probable que xente á xente de pex GPUL ou G21 lle
> interese anque só sexa estar informada, e deixo a decisión nas vosas
> mans. tamén é que non estou suscrito a ningunha outra lista desas, así
> que*incluídeme no CC* se se dá o caso ;)
> 
> PD3: soft libre == free software != open source, imaxino que para a
> maioría da xente que lea isto xa ten isto claro dabondo :)
> 
> 
> aburinho!!
> 
> _____________________________________________________________________
> ___ Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>
> 
> GnuPG pubkey: [http://sindominio.net/~manuel/gpg-pubkey.txt]
> 


-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a