On Qua, 2002-05-22 at 00:03, Fco. Vázquez wrote:
> Ola a todos.
> 
> Manuel, despois de le-la tua mensaxe entendo máis ou menos o que
> plantexas, e tentarei da-la __miña opinión__ con respecto ó do apoio do
> trasno. 
> Creo de de sair adiante a proposta que fas o trasno deberia
> apoiala, porque precisamente unha das vantaxes do sw libre é que pode
> estar doadamente adaptado a calquera lingua e imaxino que sería ese
> precisamente un dos pilares principais da campaña. O que non teño claro
> é o tipo de apoio que debería dar, refirome a que non debe ser un
> proxecto pechado ó trasno, senon algo máis global que é apoiado por
> outros proxectos(Trasno, G21, ...). Trasno podería promociona-la campaña
> e incluso traducir algun documento propagandístico, pero non creo que
> encaixara esto como un subproxecto integrado no Trasno. Nembargantes ese
> proxecto si que poderia facer por promocionar Trasno.

xa, por iso dicía o de que ata o momento Trasno só traducía e que non
estou moi seguro de que sexa o sitio..

non teño vontade de monopolizalo co Trasno, como xa dixen só é que non
estou subscrito en ningunha outra lista mais axeitada; agardo que alguén
o reenvíe por aí. que eu saiba agora mesmo só hai 2 sitios máis, G21
(que non parece que sexa o sitio indicado para cousas de sw libre) e
GPUL (que amais de estar centrado en FIC, non sei a que cousas se adica
nin o seu estado actual).

por iso, anque poida ser un off-topic aquí, supoño que haberá xente á
que lle poida interesar, porque se aquí non hai e no GPUL tamén non hai,
noutros sitios supoño que aínda menos.


> Pola miña parte so che quero decir que che dou todo o meu apoio
> emocional, porque non vexo de que outro xeito podería participar en
> semellante iniciativa, ben se ve nesta mensaxe que o meu non é nin a
> dialéctica nin a filosofia. Non me vexo en condicións de escribrir
> textos para convencer a ninguén do uso do SW libre cando eu mesmo teño
> opinións enfrentadas sobre ese tema.

iso xa é cousa de cada un(ha) :)

> Saudos a todos e sorte.
>
> [...]
> -- 
>   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
> ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
> | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
> `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
> --


aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>

GnuPG pubkey: [http://sindominio.net/~manuel/gpg-pubkey.txt]

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part

Responderlle a