O Sábado,  8 de Xuño de 2002 ás 13:25:10 +0200, Jesus Bravo Alvarez escribía:

> >  Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
> > da nosa web: http://www.trasno.net/
> >  Que o desfrutedes :-)
>       Xa cho dixera antes, pero noraboa, unha vez máis. ;))))))

 Graciñas, home, e unha pequena estatística. No mes pasado e no que levamos
deste mes, case a terceira parte dos que entraron na web do Trasno
empregando Mozilla o tiña en galego. Por certo, no mes pasado, a porcentaxe
de usuarios de Mozilla era o 11,58%; neste mes é o 22,68%, pero está claro
que é unha anomalía ;-)

 Ah, e levamos máis de 160 descargas do paquete de traducción dende o seu
anuncio, na web do Trasno. Polo de agora non sei cantas, na web de
Mozilla...

 Así que as noraboas e as gracias a todos vos, por descarga-la traducción,
por empregala, por escribir cos problemas e fallos e polo voso apoio :-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a