O Mon, 17 Jun 2002 12:31:16 +0200
Sergio Rua <s...@esware.com> escreveu:

> Hola,
> 
>       Penso que xa algunha vez se falou de facerlle un pouco de
> publicidade ó proxecto pero quero engadir algunhas maquinacións.
> 
>       Está moi ben ter GNU traduccido ó noso idioma e que ó menos nós
> esteamos a empregar o GNU/Linux traducido. Pero máis dúbidas teño de 
> que outra xente ademáis de nós e os nosos coñecidos que saiban ni tan 
> siquera a existencia das traduccións.
> 
>       Se cadra isto non ten nada de certo e son eu o que está
> trabucado pero é o que me di a experiencia. Eu, como moitos de vos 
> sabedes, traballo en ESware Linux, unha distribución baseada en 
> Debian. Pois ben, temos moitos usuarios e a meirande parte deles 
> descoñecen a forma e a posibilidade de usar os mesmos programas en Galego.
> 
>       Por outra banda, non estaría de máis que se soubeira en Galiza e
> fora que se está traballando na traducción.
> 
>       Non sei o que pensaredes. ¿Interesa que se saiba o que estamos a
> facer? Eu penso que sí. Penso que non estamos facendo únicamente
> traduccións senon que estamos dicindo que o galego existe e que é un
> idioma vivo que pode estar presente en novas tecnoloxías e non só nos
> pobos coma lingua minoritaria (sentimento dunha gran parte da xente de
> fora de Galiza).
> 
>       Levo dous anos vivindo en Madrid e penso que vivir entre esta
> xente cambiou moito a miña forma de pensar. 
> 
>       ¿Debemos publicitar o noso traballo? De ser a resposta sí,
> ¿Como?

1º) Criar un banner.

2º) Por-se en contacto con organizacións como a Mesa, a CIG, CCOO-galicia,
BNG, ADEGA, etc e dicer-lles que é o trasno e que fagan o favor de publicitar
o site. 

3º) Enviar con unha certa regularidade noticia das novidades aos médios de
comunicación, preferentemente os que teñen presencia en internet. Aproveitando
os foros, scg, foro de vieiros, foro da Coz, etc.

Un saudo
        Ramón
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a