Ola,

        Tou de vacacións, pero aproveito que teño 10 minutiños de conexión
para falar un chisco ;)

        Por min non hai problema en que calquera que teña tempo faga de
coordinador.  Levo todo o ano bastante ocupado e case non fixen caso do que
pasaba con KDE.  Sinto o das traduccións solapadas, precisamente é o que se
tenta conseguir coa coordinación, e xa me pasou algunha vez e fastidia
bastante :(

        Eu non teño problema para lle explicar a quen sexa o que hai que
facer, ou mesmo falar co coordinador do proxecto de traducción de KDE para
abrir outra conta no CVS de KDE (eu xa teño a miña, pero hai tempo que non
a uso).  Se cadra á volta das vacacións (e dos exames), podemos miralo con
máis calma.

        Polo momento o mellor é que vos poñades de acordo entre vós, para
non traducir as cousas varias veces, e logo xa o apañaremos mellor (o
principal problema de KDE é que hai unha morea de ficheiros e a xestión é
bastante coñazo ;P)

        E polo momento xa está, mirarei o correo algún outro día, pero xa
non creo que fale ;)  Pasádeo ben

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a