>        Tou de vacacións, pero aproveito que teño 10 minutiños de 
> conexiónpara falar un chisco ;)
Eu tamen, estou na estrada agora mesmo pero a mediados de semana xa 
estarei de volta e preparado para o curso. Se se necesita un 
coordenador, oferezo-me (teras-me que explicar como vai todo, claro). 
Poderiamos facer unha lista da xente interesada e falar logo entre nos?


Xose Calvo


>        Por min non hai problema en que calquera que teña tempo 
> faga de
> coordinador.  Levo todo o ano bastante ocupado e case non fixen 
> caso do que
> pasaba con KDE.  Sinto o das traduccións solapadas, precisamente é 
> o que se
> tenta conseguir coa coordinación, e xa me pasou algunha vez e 
fastidia
> bastante :(
> 
>        Eu non teño problema para lle explicar a quen sexa o que 
> hai que
> facer, ou mesmo falar co coordinador do proxecto de traducción de 
> KDE para
> abrir outra conta no CVS de KDE (eu xa teño a miña, pero hai tempo 
> que non
> a uso).  Se cadra á volta das vacacións (e dos exames), podemos 
> miralo con
> máis calma.
> 
>        Polo momento o mellor é que vos poñades de acordo entre 
> vós, para
> non traducir as cousas varias veces, e logo xa o apañaremos mellor (o
> principal problema de KDE é que hai unha morea de ficheiros e a 
> xestión é
> bastante coñazo ;P)
> 
>        E polo momento xa está, mirarei o correo algún outro día, 
> pero xa
> non creo que fale ;)  Pasádeo ben

 


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a