O Sábado, 17 de Agosto de 2002 ás 20:18:54 +0200, MAXIMODUTTY escribía:

> Que tal se en vez de utilizar os arquivos *.pot utilizamos as 
> traduccións o español

 Isto xa se falou hai tempo en varias ocasións. Non quero que se faga,
por varios motivos:

 1- As traduccións ao español teñen erros. Moitos erros.
 2- As traduccións ao galego dende o español tenden a incorporar
    castelanismos e formas gramaticais foráneas.
 3- Contra o que parece, dificúltase a traducción, ao non poder saber dunha
    ollada que traduccións están feitas, que traduccións están sen
    actualizar, etc.

 Hai tempo revisei algunhas traduccións que estaban feitas a partires dunha
traducción española, e notábase; tanto polas palabras e formas estrañas que
aparecían, como porque ás veces aparecían frases completas en castelán.

 Eu só aconsello emprega-las traduccións a outro idioma coma axuda, no caso
no que non se saiba ben como traducir unha frase (e sempre procurando mirar
varios idiomas antes de tomar unha decisión).

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a