O Sat, 17 Aug 2002 21:10:28 +0200
Jacobo Tarrio <jtar...@trasno.net> escribiu:

> O Sábado, 17 de Agosto de 2002 ás 20:18:54 +0200, MAXIMODUTTY escribía:
> 
> > Que tal se en vez de utilizar os arquivos *.pot utilizamos as 
> > traduccións o español
> 
>  Isto xa se falou hai tempo en varias ocasións. Non quero que se faga,
> por varios motivos:
> 
>  1- As traduccións ao español teñen erros. Moitos erros.
        
E moitos, os erros de traducción que fagan eles tamén os temos que incorporar 
nas nosas traduccións.

>  2- As traduccións ao galego dende o español tenden a incorporar
>     castelanismos e formas gramaticais foráneas.

        E logo pasa o que pasa, a cousa faise máis complicada que a traducción 
dende o inglés

>  3- Contra o que parece, dificúltase a traducción, ao non poder saber dunha
>     ollada que traduccións están feitas, que traduccións están sen
>     actualizar, etc.
> 
>  Hai tempo revisei algunhas traduccións que estaban feitas a partires dunha
> traducción española, e notábase; tanto polas palabras e formas estrañas que
> aparecían, como porque ás veces aparecían frases completas en castelán.
> 
>  Eu só aconsello emprega-las traduccións a outro idioma coma axuda, no caso
> no que non se saiba ben como traducir unha frase (e sempre procurando mirar
> varios idiomas antes de tomar unha decisión).
> 
> -- 
> 
>    Tarrío
> (Compostela)
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mensaxe
> 

É dicir, para ollar por axuda é mellor ir ó portugués, penso eu. Non é o noso 
traballo traducir
dende o castelán, senon dende o idioma orixinal do programa. A xente que 
traduce libros
ó galego non o fai co español de intermediario, é unha auténtica chapuza.

No segundo punto, sobre o traballo, non creo que sexa preciso repartilo por 
grupos. O que hai
que evitar é coller catrocentos paquetes ó bruto e estar medio ano 
traducíndoos, porque
iso bloquea ós demais. A asignación deberiase facer de tres en tres paquetes, 
como moito.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a