Xa está dispoñible a traducción de Mozilla 1.1 na páxina web do Proxecto
Trasno: http://trasno.net/aplicacions/

 Este paquete de traducción pódese aplicar a Mozilla 1.1 en calquera
das súas plataformas soportadas (Unix, Windows ou Mac), instalándoo
directamente da web.

 Os usuarios de Linux seguramente teñan que instala-la traducción executando
o Mozilla coma administrador.

 A instalación, como xa sabedes, é ben sinxela: ir á páxina da traducción,
premer na ligazón "Instalar" correspondente á versión de Mozilla que se
estea a empregar, e agardar a que se instale de todo. Pecha-lo Mozilla,
volvelo abrir (desta vez xa coma usuario normal, se antes se abriu coma
administrador) e en Edit -> Preferences -> Appearance -> Languages&content
escolle-lo galego. Volver pecha-lo Mozilla, abrilo outra vez, e listo.

 Se xa estades a usa-la traducción ao galego, aconséllovos que volvades
poñe-lo idioma inglés antes de actualiza-lo Mozilla, ou poderiades ter
problemas á hora de instala-lo paquete de galego (nada serio; só teriades
que instalalo dúas veces para que aparecera a opción "galego" no menú).

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a