O Sábado, 28 de Setembro de 2002 ás 22:12:35 +0200, Camilo Barros escribía:

>       Subín a traducción do Quanta en KDE/others. Agradecería que a
> probasedes dado que a min non me aparecen as letras con tilde pero non sei
> se é problema de codificación miña.

 O problema é que a traducción fixéchela en iso-8859-1 e ten que estar en
UTF-8.

 Para convertela, cambia o "Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1\n"
a "Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n" e executa o comando:

 recode l1..utf8 quanta.gl.po

 Para edita-lo ficheiro en UTF-8 directamente podes emprega-lo kbabel, por
certo; e se non, pásao a iso-8859-1 antes de editalo e despois a utf-8...
:-)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a