¿Tódalas traduccións que están no CVS do KDE están tamén no de trasno?

¿Cómo coller o ficheiro .pot máis actual dun programa?
Os links de trasno apuntan a ftp://i18n.kde.org/pub/i18n-templates/ 
pero éste non ten os mesmos ficheiros que 
http://webcvs.kde.org/cgi-bin/cvsweb.cgi/kde-i18n/templates/
que entendo que e CVS do KDE. Por exemplo en /others no CVS non está 
quanta.pot pero no ftp si.
¿A onde subides os ficheiros para entregar ao KDE? ¿Ao CVS?

Polo que lin non sacan traduccións hasta ter traducido o desktop e gran parte 
de kdelibs polo que non hai paquete i18n-gl aínda. Pero nas estadísticas de 
Debian http://www.debian.org/intl/l10n/po/gl aparece o paquete i18n, ¿de onde 
sacan esas estadísticas se en Sid nin sequera existe ese paquete?

"_:" son indicacións do contexto para o traductor pero ¿ que fago con "_n:" , 
hai que metelo no traducción? Por exemplo:
_n: 1 match found.\n
%n matches found.
Se o meto o Kbabel quéixase de non sei que dos plurais.


E sobre todo ¿como nos coordinamos? Simplemente anunciando o paquete que vamos 
comezar a traducir na lista ¿ou hai outras ferramentas mellores? 


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a