O Xoves 21 de Novembro de 2002 ás 05:42, Camilo dicía:

> ¿Tódalas traduccións que están no CVS do KDE están tamén no de trasno?

        Deberían... O problema é que estarán desincronizadas, porque no CVS
de Trasno hai máis cousas porque hai tempo que non se actualizan no CVS de
KDE...

>¿Cómo coller o ficheiro .pot máis actual dun programa?
>Os links de trasno apuntan a ftp://i18n.kde.org/pub/i18n-templates/ 
>pero éste non ten os mesmos ficheiros que 
>http://webcvs.kde.org/cgi-bin/cvsweb.cgi/kde-i18n/templates/
>que entendo que e CVS do KDE. Por exemplo en /others no CVS non está 
>quanta.pot pero no ftp si.

        Pois é case mellor que o collas do webcvs, que será máis fiable...
A ver se modifico as ligazóns para que apunten aí, que o i18n-templates do
ftp non vai moi ben ultimamente.

>¿A onde subides os ficheiros para entregar ao KDE? ¿Ao CVS?

        Pois é... Aínda que agora mesmo penso que só eu teño conta no CVS
de KDE, cando haxa novo coordinador do proxecto, espero que non haxa
problema en cambiala de mans...

>Polo que lin non sacan traduccións hasta ter traducido o desktop e gran parte 
>de kdelibs polo que non hai paquete i18n-gl aínda. Pero nas estadísticas de 
>Debian http://www.debian.org/intl/l10n/po/gl aparece o paquete i18n, ¿de onde 
>sacan esas estadísticas se en Sid nin sequera existe ese paquete?

        Pois supoño que as sacarán directamente dos .po que están no CVS,
aínda que non exista o paquete.

>"_:" son indicacións do contexto para o traductor pero ¿ que fago con "_n:" , 
>hai que metelo no traducción? Por exemplo:
>_n: 1 match found.\n
>%n matches found.
>Se o meto o Kbabel quéixase de non sei que dos plurais.

        Uhm... non sei cal será o problema do Kbabel... En teoría hai que
metelo, xa que eses caracteres son recoñecidos para a xestión dos plurais.
Por exemplo:

msgid ""
"_n: %n file\n"
"%n files"
msgstr ""
"_n: %n ficheiro\n"
"%n ficheiros"

        Isto está en kdelibs.po

>E sobre todo ¿como nos coordinamos? Simplemente anunciando o paquete que vamos 
>comezar a traducir na lista ¿ou hai outras ferramentas mellores? 

        Pois o normal é avisar ao coordinador para que faga a asignación de
paquetes, pero como agora mesmo son eu o "coordinador en funcións" e estou
con mil cousas, non fago moito :(

        Os que estades a coordinarvos entre vós para facer as traduccións,
¿poderiades explicarlle a Camilo como o faces?  Graciñas!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a