El Jue 21 Nov 2002 05:42, Camilo Barros Cortiñas escribió:
>  ¿Tódalas traduccións que están no CVS do KDE están tamén no de trasno?
>
> ¿Cómo coller o ficheiro .pot máis actual dun programa?
> Os links de trasno apuntan a ftp://i18n.kde.org/pub/i18n-templates/
> pero éste non ten os mesmos ficheiros que
> http://webcvs.kde.org/cgi-bin/cvsweb.cgi/kde-i18n/templates/
> que entendo que e CVS do KDE. Por exemplo en /others no CVS non está
> quanta.pot pero no ftp si.
> ¿A onde subides os ficheiros para entregar ao KDE? ¿Ao CVS?
>
> Polo que lin non sacan traduccións hasta ter traducido o desktop e gran
> parte de kdelibs polo que non hai paquete i18n-gl aínda. Pero nas
> estadísticas de Debian http://www.debian.org/intl/l10n/po/gl aparece o
> paquete i18n, ¿de onde sacan esas estadísticas se en Sid nin sequera existe
> ese paquete?
>
> "_:" son indicacións do contexto para o traductor pero ¿ que fago con "_n:"
> , hai que metelo no traducción? Por exemplo:
> _n: 1 match found.\n
> %n matches found.
> Se o meto o Kbabel quéixase de non sei que dos plurais.
>
>
> E sobre todo ¿como nos coordinamos? Simplemente anunciando o paquete que
> vamos comezar a traducir na lista ¿ou hai outras ferramentas mellores?


Home, pois namentres se desenvolvan as traduccións sen coordinador
coordinador, e non se actualice a páxina cos estados das traduccións,
 o mellor que podes facer é mandar unha mensaxe dicindo o 
que vas traducir ou o que teñas xa traducido á lista, non vaia ser que
haxa catro traduccións por cada paquete.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a