Non, Roberto. 

Non estou a falar dunha distro para ti e para min. Estou a falar dun
sistema operativo e unhas aplicacións para os meus/teus xefes, para os
meus/teus compañeiros, para os meus/teus subordinados (se traballas en
informática talvez podas borrar "teus"). 

No artigo que iniciou este fio mencionaba-se que alguén de Hispalinux
falara con alguén da Xunta. Non sei se foi nun bar, por telefone ou
como. A miña experiéncia con esa xente é sumamente negativa,
fundamentalmente porque quen toman as decisións non entenden de
informática e quen as levan a cabo... pero isto é para outro momento. 

Tamén se mencionaba Linex. Velaí ao que eu me refiro: A Junta de
Extremadura elaborou unha distribución própria e copiou-na en CDs que
distribuíu por todos os centros de ensino (teñen competéncias desde hai
só dous anos!), hospitais, administración,... 

Diso se trata, de preparar unha distro completamente en galego (ou duas,
ou tres) _específicas_, ter todas as aplicacións que se usen en,
poñamos, os colexios, os centros de saúde, os servizos centrais, etc. e
"falar con alguén da Xunta". 

Non todo está feito, como dis. Documentación, por exemplo, falta case
todo. 

Xabi:
Linex basea-se en Debian. Non me parece correcto que a estas alturas te
poñas a falar de "mandrakadas" (que son? por certo, en que se
diferéncian das "debianadas"? prefires mil veces as "windanadas"?). Se
nalgun momento se pon en marcha este proxecto haberá que tomar decisións
sobre que se escolle e que se deixa fora, e iso levará tempo, provocará
discusións (espero que construtivas) e non deixará contentes a tod@s.

Anxo:
Xa sei que a idea de Trasno non é facer unha distribución en galego. A
idea do meu hipotético compañeiro de traballo non é usar Linux; é
escreber un texto e imprimi-lo. E en Windows (que é o SO que podemos
usar no traballo) non o pode facer en galego. Comprendes? Se a
Administración pudese ser convencida de instalar "Linga" si o poderia
facer. E mesmo se animaria a copiar o CD e instalá-lo na sua casa.

Pero eu non podo chegar e dicer-lle: "Ei, abre unha consola e escrebe
'dpkg -i xestion_1.02-26_i386.deb' como root".

Por iso é interesante pensar nunha "distribución en galego". Non é só
que algunhas aplicacións estexan traducidas para galego e postas no
servidor de Trasno. Iso xa o farei eu para min se quero. Hai que
seleccionar alguns dos 10.000 pacotes que ten Debian (ou os máis que
haxa noutros formatos, a min tanto me dá), traducir os que faltan
(dirixidos por Trasno?), documentá-los ben,...


Xosé 


On Sat, 2003-01-04 at 01:31, Xabi García Feal wrote: 
> On Fri, 2003-01-03 at 23:24, Roberto Suarez Soto wrote:
> > El día 03/Jan/2003, Xosé Calvo escribía:
> > 
> > > Apesar diso, si poderia ser interesante ir definindo unha distribución.
> > 
> >     A versión "Woody" de Debian ten instalador en galego, e moitos
> > dos programas e aplicacións que van nela están traducidas, precisamente
> > por xente deste grupo :-) Así que ... ¿que é o que lle queda para ser
> > "unha distribución en galego"?
> > 
> > -- 
> >     Roberto Suarez Soto
> > --
> > Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> > poñendo "unsubscribe" na mensaxe
> > 
> 
> Xa, imaxino que entón vos estades a referir a unha mandrakada en galego.
> Se se basea en Debian non estaría mal: facilita-la instalación e a 
> configuración e darlle un toque gráfico amigable. Pero require tempo.

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
po�endo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a