O Viernes, 18 de Abril de 2003 19:32, MAXIMODUTTY escribiu:
> Boas Trasn@s:

Ola xente :-)

> Estivemos a comentar Javi e maís eu sobre
> os problemas que temos coa actualización da
> web,asi coma do pouco caso que nos fan os
> coordinadores do proxecto Trasno.

Eu creo que eso dos coordinadores é unha cousa moi relativa, non creo 
que ninguen fose poñer problemas porque algun dos que estades a 
traducir KDE se convertise en coordinador de KDE en Trasno (xa que non 
hai ningun). Hai tempo eu xa vos suxerira que vos puxerades dacordo 
para escoller un coordinador.

> Polo que temos en mente o transladar o proxecto
> a outro servidor, por exemplo ó servidor do
> "Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra"
> "http://www.galpon.org"; no que xa nos puxemos
> en contacto con os Webmaster.
> Os de Galpon dixeromnos que podiamos albergar
> o proxecto e ademaís que podiamos facer oficial
> a traducción de KDE o galego posto que Tanke un
> dos Webmasters de Galpon esta a coordinar o proxecto
> de KDE o español polo que nos pode votar unha boa mán.

Teño unha dúbida, nos servidores do proxecto KDE non hai xa CVS para 
albergar as traduccións das distintas linguas. É simplemente unha 
pregunta, porque pensei que tiñan todo centralizado.

Antes de vos decantardes completamente por empregar outros servidores 
seria ben que lle preguntarades claramente a algun administrador das 
máquinas onde está trasno (¿Tarrio?) sobre a posibilidade de lle dar a 
un coordinador (ou a quen sexa) contas en CVS para os ficheiros de KDE 
e para a páxina web, de xeito que o que sexa o novo coordinador de KDE 
poida facer os cambios axeitados. Non me quero meter onde non me chaman 
so é unha suxerencia, comprendo que eso é unha cousa que depende 
completamente de GPUL.

> Remitovos esta mensaxe para que mecomentedes que vos parece o de
> albergar a web
> e o mesmo tempo facer oficial a traducción de KDE ó galego.
> Senón recibimos ningunha mensaxe contradictoria nos procederemos co
> cambio dá web para o servidor do Galpon asi como facer oficial
> o proxecto.

Eu, persoalmente, agardo que non vos distanciedes de trasno. É MOI certo 
que está case absolutamente parado, pero segue ser a ser un bo sitio 
para se por en contacto coa xente e centralizar os traballos que se 
fagan. Ainda que finalmente alberguedes os ficheiros noutros servidores 
creo que deberiades seguir empregando esta lista de correo e outros 
recursos que se vos poidan dar. Por exemplo se se pode poñer novas 
sobre o estado da traducción na web de Trasno (por poñer un exemplo). 
Non ten sentido andar a se separar e voltar a situación de antes de 
Trasno.

> Esperamos facer funcionar a traducción do KDE o galego e ter
> o proxecto listo o mais axiña posible.

Aledariame moito saber que conseguides tal cousa.

Ben, eso era o que eu queria comentar, a ver se se me une alguen para 
conseguir que non haxa escisións en trasno.

Saudos, moita sorte e animos para este proxecto. ;-)
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a