Non se fale máis, creo que debemos (si, é que quería deixar
zanxado o de KDE namentres falabades de cuestións extraoficiais ;))
establecer un novo coordinador (Jesús se queres seguir, sempre que poidas e 
teñas tempo, case que mellor). 

A ver se podemos facer algo por ter o escritorio traducido 
sen necesidade de andar con dous CVS distintos.

E por favor, é cuestión de porse e non de andalo a deixar
mes tras mes ata que se volva a discutir.


El Lunes 21 Abril 2003 20:04, Jesus Bravo Alvarez escribió:
> Ola,
>
>       Desculpas por non estar na conversa, tava em férias ;)
>
>       En primeiro lugar, lamentablemente teño o mesmo problema que
> Jacobo, é dicir, xa quedaron atrás as épocas en que tiña ducias de horas
> mortas, e agora ando ben falto de tempo, ganas e enerxías.
>
>       Sobre o que estivestes a falar estes últimos días, aquí van os meus
> comentarios.
>
>       Para empezar, dous conceptos básicos:
>
> - O máis importante de coordinar a traducción de KDE (e de calquera outro
>   proxecto) está no propio proxecto, non en Trasno. Quero dicir, o esencial
>   é que o coordinador teña acceso ao CVS de KDE, e manteña alí en orde as
>   traduccións (cousa que non se está a facer agora). Ao fin, son esas as
>   traduccións que van facerse oficiais, non importa que a web de KDE en
>   Trasno estea actualizada ou non, non importa mesmo que exista.
>
> - Por extensión, o máis importante de Trasno non é a web, ou o CVS, ou os
>   recursos físicos que poidan existir.  O máis importante é precisamente
>   poder estar xuntos todos os que estamos a facer algo coa traducción do
>   software libre ao galego, e poder colaborar xa que somos poucos, aínda
>   que sexa só para ter unha base común de termos técnicos.
>
>       O que quero dicir é que o tema dos recursos, o servidor web, cvs,
> ftp, ou o que sexa, é algo secundario.  Xa sei que a páxina actualmente dá
> unha pobre imaxe de abandono, pero penso que é máis grave que os usuarios
> finais noten o abandono nas traduccións dos programas.
>
>       Eu xa tiña pensado quitar na web as táboas enormes cos paquetes de
> KDE e GNOME.  Teñen algunha vantaxe, pero os sistemas de actualización e
> ter os repositorios duplicados ao final dan o dobre de traballo.  Quería
> deixar simplemente como referencia principal as propias páxinas de
> estatísticas de GNOME e KDE, que melloraron bastante nos últimos tempos:
>
>       http://i18n.kde.org/stats/gui/HEAD/gl/
>
>       http://developer.gnome.org/projects/gtp/status/gnome-2.2/gl/
>
>       E o CVS quedaría como simple repositorio/histórico local para
> comunicar os traductores cos coordinadores de maneira máis "eficiente" que
> o correo electrónico.
>
>
>       Do tema de recursos/web/etc... non digo máis, se iso xa o
> falariamos máis adiante.  O tema da coordinación de KDE é máis sinxelo.
> Propoñede un novo coordinador, e eu mándolle unha mensaxe ao tipo de i18n
> de KDE, e nunhas horiñas debería ter conta no servidor CVS.  Eu explícolle
> o que faga falta, se cadra mesmo podo quedar eu tamén coa conta do CVS para
> mirar que todo vai ben.
>
>       Veña, rapaces, xa me contaredes, moito ánimo!

Attachment: pgpzyN6Ai1mtR.pgp
Description: signature

Responderlle a