olá:

eu tentei enviar-lhe algo do estilo há já algum tempo tb ao Camilo
Nogueira, mas não respondeu, nem sei se lhe chegou.

inclui um texto informativo sobre esse tema feito em "galego de Lisboa"
-por gente portuguesa de Lisboa e mais, não por mim-, se quereis ainda
vo-lo envio, se pensais que é de utilidade.



A Qua, 2003-06-25 às 13:03, fa2ra...@usc.es escreveu:
> Ola a todos:
> 
>   O próximo 30 de Xuño vai-se votar no Parlamenteo Europeu unha directiva 
> sobre
> a patentabilidade do software. Esta directiva ten muita transcendéncia para o
> software libre, e de feito de ser aprobada vai dificultar muito o seu
> desenvolvemento, senon leva directamente a sua morte. Por iso chamo-vos a que
> escribades aos eurodiputados españois solicitando o seu voto en contra da 
> directiva.
> 
> Lista dos eurodiputados españois:
> http://wwwdb.europarl.eu.int/ep5/owa/p_meps.short_list
> 
> Penso que importante informar aos eurodiputados socialistas, xa que 
> ultimamente
> o PSOE ten dado mostras de apreciar o software libre, e por outra parte a 
> maior
> defensora da directiva e unha diputada laborista inglesa.
> 
> A continuación vai unha carta que enviamos, un amigo e mais eu, a Camilo
> Nogueira, e que pode servir como exemplo:
> 
> =================================================================
> 
> Estimado sr. Nogueira:
> 
> O próximo luns 30 de Xuño vai ser votada no parlamento europeu unha
> directiva sobre a patentabilidade do software en Europa apresentada por
> Arlene McCarthy do JURI. Na sua actual redacción esta directiva favorece
> enormente as grandes empresas de software e dificulta enormemente o labor
> das pequenas e medianas empresas, até o ponto de afogá-las. E nos non
> coñecemos nengunha grande empresa de software europea. Ademais os efeitos
> desta directiva sobre o software libre, un movimento altamente democrático
> e cívico que deveria ser apoiado explicitamente polo BNG, pode ser
> devastador. Por iso pedimos-te que votes EN CONTRA desta directiva. Cumpre
> salientar que esta chamada que semella un  tanto serodia, é devida a que
> votación, prevista para setembro, foi adiantada  para dificultar a
> información dos eurodiputados.
> 
> Explicación da nosa posición:
> 
> Até o momento non son legais as patentes de software en Europa, xa que
> están explicitamente excluidas do sistema de patentes. A razón é que os
> programas informáticos son considerados tradicionalmente como algorítmos
> matemáticos, xa cobertos polos direitos autorais (copyright).
> 
> Os avances no software son avances con un alto grado de abstración. No
> entanto  as patentes tradicionais cobren invencións físicas e concretas,
> as patentes de  software cobren ideas. No canto de patentar unha trampa
> para ratos, con uns  mecanismos concretos, patenteian-se "medios para
> atrapar dados nun ambiente  emulado" (EP 769170) con toda a xeralidade que
> isto conleva. Isto ten dado  lugar a multiplos excesos nos paises onde as
> ditas patentes son legais, USA e  Xapón. Asi muitas das patentes de
> software existentes protexen ideas triviais e moi xerais.Evidentemente os
> autores das patentes disfarzan as suas "invencións" para facé-las
> semellar complexas[1]. Mesmo na Europa, onde as patentes de  software non son
> legais, a Oficina de Patentes Europea (OPE) ten aceptado  muitas patentes
> de software, moitas delas risíbeis[2].
> 
> Mais porque afectan as patentes triviais, xerais e risíbeis a industria de
> software?. Porque son utilizadas como armas legais disuasorias.
> 
> Os custos de obter unha patente son mui elevados, e a maioria das pequenas
> empresas non so pode permitir. Por outra parte a linguaxe das patentes é
> muito complicada e son mui poucos os advogados que traballan neste mundo e
> son mui caros, polo cal resulta practicamente imposíbel para unha pequena
> empresa estar segura de que os seus programas non violen algunha patente,
> non porque copiaran algunha idea prévia, senon porque chegaron de motu
> próprio a mesma idea. No caso do software libre, onde há muitos programadores
> traballan por libre o problemas ainda é maior.
> 
> As grandes empresas teñen cartos para obter patentes, e acumulan amplos
> pacotes delas coas que poder:
> a) negociar entre elas
> b) afogar as pequenas
> 
> Muitas das patentes de software son ridículas, e posíbelmente serian
> consideradas nulas nun tribunal, mais o prezo de manter un longo litíxio
> non o pode pagar unha pequena empresa, e muito menos un indivíduo.
> 
> Esta situación ten levado a que nos EUA as empresas de software invistan
> muito  mais en patentes, no proceso de obter a patente, que en
> inovación[3].
> 
> Como consecuéncia a imensa maioria dos programadores europeos, e das
> empresas de software europeas están en contra das patentes de software.
> Asi o 4 de Abril fora apresentada no Parlamento Europeo unha petición con
> 140.000 sinaturas por unha Europa libre de patentes de software.
> 
> Ficamos ao teu dispor por se queres mais información[4]:
> 
> Ramón Flores
> Antonio Pérez Casas
> 
> 
> [1] Pode-se ver un bon exemplo de como se fai isto no seguinte enderezo:
> http://linuxtoday.com/news_story.php3?ltsn=2000-05-26-004-04-OP-LF
> 
> 
> [2] Como se pode comprobar en:
> http://swpat.ffii.org/patents/index.en.html
> 
> 
> [3] http://www.researchoninnovation.org/swpat.pdf
> 
> 
> [4] Mais información na rede en:
>     http://swpat.ffii.org
> --
> Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
> poñendo "unsubscribe" na mensaxe
-- 

aburinho!!

________________________________________________________________________
Manuel A. Fernández Montecelo <man...@sindominio.net>
                                _
Onda do mar de Vigo,           ( )   Nunca mais: Mais nunca!
quê fez o fuel-óleo contigo?    /     http://plataformanuncamais.org/
  E ai Deus, se se irá cedo!   / \     http://burlanegra.vieiros.com/

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a