On Sat, 1 Nov 2003, Xabi García wrote:

> Así que se te interesa, compraceríanos moito que nos axudases se tes interés
> en que KDE estea traducido, ou ben procurar xente intersada en traducir. Se
> non, hai que contentarse con ver KDE traducido nun 15 % (como moito).
> (p.d. hai que tomar exemplo dos cataláns ... pero imaxino que son moitos)

Pois si, inda que o meu caso e contradictorio: son usuario convencido de
Gnome ;) pero tamén son mantenedor de GPUL live CD, e inda que me soe
extraño por a traducir un entorno no que non estou habitualmente, se as
melloras as podo ver directamente na GPUL live CD, estou seguro que me
animará a seguir.

Vou ver se podo incluir o que esta feito ata agora e se son capaz,
poñome a traducir e a probar as traduccións na GPUL live CD :)

Xa che irei contando (por certo, non son ningunha eminencia coa lingua
galega, se me poño a traducir, sería interesante que alguén revisara as
miñas traducións.).

De todos modos, probarei a poñer unha nova no weblog da asociación
recordando á xente que temos este proxecto e que tamén sería boa cousa
traducir para face-la GPUL live CD en galego :)

Saludos, David.

David Fernandez Vaamonde        |   "Unruly boys who will not grow up
http://www.cosasdedos.net       |    must be taken in band "



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a