Tamén son usuario de Gnome. Se traduzo Kde, é porque ten máis alcance nos 
usuarios domésticos (agora e no futuro, imaxino); é máis doado de empregar, 
está máis integrado.

O do anuncio no weblog, nada que dicir que non sexa ¡gracias!. Se queres 
traducir algún paquete vai a i18n.kde.org/stats/GUI/gl/index.php e colle 
algún paquete aínda en branco. E con respecto ó nivel da lingua, andamos 
todos igual, pero ó final a linguaxe que se emprega soe ser moi técnica e 
polo tanto repetitiva, de modo que se te adoitas a empregar ese "canon" non
resulta en tantos erros lingüísticos coma os que podemos ter na linguaxe 
usual.

Abur.

> On Sat, 1 Nov 2003, Xabi García wrote:
> > Así que se te interesa, compraceríanos moito que nos axudases se tes
> > interés en que KDE estea traducido, ou ben procurar xente intersada en
> > traducir. Se non, hai que contentarse con ver KDE traducido nun 15 %
> > (como moito). (p.d. hai que tomar exemplo dos cataláns ... pero imaxino
> > que son moitos)
>
> Pois si, inda que o meu caso e contradictorio: son usuario convencido de
> Gnome ;) pero tamén son mantenedor de GPUL live CD, e inda que me soe
> extraño por a traducir un entorno no que non estou habitualmente, se as
> melloras as podo ver directamente na GPUL live CD, estou seguro que me
> animará a seguir.
>
> Vou ver se podo incluir o que esta feito ata agora e se son capaz,
> poñome a traducir e a probar as traduccións na GPUL live CD :)
>
> Xa che irei contando (por certo, non son ningunha eminencia coa lingua
> galega, se me poño a traducir, sería interesante que alguén revisara as
> miñas traducións.).
>
> De todos modos, probarei a poñer unha nova no weblog da asociación
> recordando á xente que temos este proxecto e que tamén sería boa cousa
> traducir para face-la GPUL live CD en galego :)
>
> Saludos, David.
>
> David Fernandez Vaamonde      |   "Unruly boys who will not grow up
> http://www.cosasdedos.net     |    must be taken in band "
>
>
>
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a