O outro día una cea destas de amigos, nas que te topas con xente que non
coñeces de nada pero e amigo dun amigo, estiven falando cun tipo que
está a traducir o XP.
Parece ser que é un traballo encargado por Hasecorp á empresa de
Santiago Imaxin (www.imaxin.com) e que esta subcontratouno a escola de
traducción e interpretación de Vigo, onde dous becarios e un mestre (que
debe ser un peixe gordo no tema da normalización,(xa que están
empregando a nova norma que vai a entrar en vigor en pouco tempo),
adícanse a este traballo.

Teñen unha ferramenta especial, similar a kbabel e están traducindo da
orde de 2500 termos por día cada un. Logo pasa por non sei que instituto
galego de normalización que fai a revisión final (este mestre está tamén
nese instituto).

O prazo que teñen para entregar o proxecto enteiro é o 13 de Febreiro (a
Imaxin) e logo probablemente se poñan co Office.



Non fai falla dicirvos que o tema lévanno moi en segredo, pero xa
sabedes o que fai o albariño e o licor café mentres papas unha
mariscada.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a