Se o rematan antes do 28 de Febreiro entón calcúlolle que non terá nin un 
quinto das mensaxes de KDE. Anque tamén pode ser que lles paguen moito.

O que fan os cartos eh? :)

> O outro día una cea destas de amigos, nas que te topas con xente que non
> coñeces de nada pero e amigo dun amigo, estiven falando cun tipo que
> está a traducir o XP.
> Parece ser que é un traballo encargado por Hasecorp á empresa de
> Santiago Imaxin (www.imaxin.com) e que esta subcontratouno a escola de
> traducción e interpretación de Vigo, onde dous becarios e un mestre (que
> debe ser un peixe gordo no tema da normalización,(xa que están
> empregando a nova norma que vai a entrar en vigor en pouco tempo),
> adícanse a este traballo.
>
> Teñen unha ferramenta especial, similar a kbabel e están traducindo da
> orde de 2500 termos por día cada un. Logo pasa por non sei que instituto
> galego de normalización que fai a revisión final (este mestre está tamén
> nese instituto).
>
> O prazo que teñen para entregar o proxecto enteiro é o 13 de Febreiro (a
> Imaxin) e logo probablemente se poñan co Office.
>
>
>
> Non fai falla dicirvos que o tema lévanno moi en segredo, pero xa
> sabedes o que fai o albariño e o licor café mentres papas unha
> mariscada.
>
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a