O Venres 16 de Xaneiro de 2004 ás 22:59, Xabi dicía:

>fará posíbel que o galego se inclúa na liberación prevista para dentro de unha
>semana.

        Parabéns!!!! :) :)  Boísimo traballo, e feito nun tempo record ;)

>faría falta, a vindeira vez, unha rolda de corrección unhas semanas antes de 
>que se conxele o CVS, porque estiven a mirar algunhas traduccións e sei de 
>algún e algún outro que debería revisa-las normas ortográficas e mirar polo 
>diccionario de inglés de vez en cando (que non se me poña ninguén á caza de 
>erros nesta mensaxe eh? ::)).

        Hehe... Para a próxima vez supoño que teredes máis tempo e será
máis doado facer a rolda de revisión.  Tamén sería bo uniformar o
vocabulario técnico que empregamos (¿estades a coller o dicionario da web
ou cada un fai o que quere? Dígoo porque ese dicionario está
desactualizado, hai un par de palabras importantes que mudaron).  Ademais
coa historia (¿certa ou falsa?) da tradución do XP a galego, non estaría
mal dicir "nós estabamos antes" (aínda que ninguén nos faga caso).  E todo
isto sen esquecer o da actualización da norma, que é moi importante.

        Parabéns novamente, entre o KDE e o Mozilla de Jacobo isto marcha a
boa velocidade (só estou eu de langrán deixando GNOME atrás) :(  Eu espero
poder facer algo máis a partir de marzo, cando se todo vai ben xa serei
enxeñeiro de teleco (por fin!), e se todo vai esaxeradamente ben serei
tamén enxeñeiro técnico de informática.  Uffff, pregade por min, que me
agardan boas semanas :D

        Saúdos!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a