>       Hehe... Para a próxima vez supoño que teredes máis tempo e será
> máis doado facer a rolda de revisión.  Tamén sería bo uniformar o
> vocabulario técnico que empregamos (¿estades a coller o dicionario da web
> ou cada un fai o que quere? Dígoo porque ese dicionario está
> desactualizado, hai un par de palabras importantes que mudaron).  Ademais
> coa historia (¿certa ou falsa?) da tradución do XP a galego, non estaría
> mal dicir "nós estabamos antes" (aínda que ninguén nos faga caso).  E todo
> isto sen esquecer o da actualización da norma, que é moi importante.
>
>       Parabéns novamente, entre o KDE e o Mozilla de Jacobo isto marcha a
> boa velocidade (só estou eu de langrán deixando GNOME atrás) :(  Eu espero
> poder facer algo máis a partir de marzo, cando se todo vai ben xa serei
> enxeñeiro de teleco (por fin!), e se todo vai esaxeradamente ben serei
> tamén enxeñeiro técnico de informática.  Uffff, pregade por min, que me
> agardan boas semanas :D

Non te esquezas de comer e de facer pis. ;))


>       Saúdos!

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a