>>"Se a resposta for negativa, A Mesa encargarase da tradución do sistema 
operativo Linux e realizará unha campaña de boicote a Microsoft en 
institucións e centros de ensino."

Agardo que onde pon "Se a resposta for negativa ..." só queira dicir "Nun caso 
ou noutro a Mesa impulsará a traducción do Linux ....", porque non virían 
nada mal uns tradutores máis. 
Entendo que isto pódese interpretar coma se a traducción que estamos a facer
nós sexa totalmente secundaria.

Non si?

> Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
> > Ola:
> >
> > Alguén sabe algo disto?
> >
> > http://www.amesanl.org/noticias/2004/20040209.html
>
> Sae a noticia en Vieiros, mais exactamente en:
>
> http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=62&N=33516
>
> Ademais en hoxe (martes) publica en portada o seguinte:
>
> Microsoft acepta as demandas da Mesa
>
> Microsoft, a empresa de Bill Gates, comunicoulle á Mesa pola
> Normalización Lingüística que "antes do verán" estará traducido ao
> galego o interface de Windows XP e de Office. O presidente da Mesa,
> Carlos Callón, cualificou este anuncio de "paso histórico para o noso
> idioma, que ao gañar este novo espazo avanza un paso máis na
> consolidación do seu presente e do seu futuro". A xefa de Produtos de
> Windows XP de Microsoft, Mar Bastida, dirixiuse á Mesa "para lle
> responder ás medidas de boicote anunciadas por esta organización". 

>
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a