Boas tiña gañas de empezar a traducir cousas de KDE, o meu escritorio 
favorito. Despois de ver a páxina escollín o programa juk que espero acabar 
pronto (espero non duplicar esforzos).

A miña dúbida era saber como fácedes para comprobar as traduccións, quero 
dicir unha vez que teña o ficheiro pot rematado como podo facer para executar 
o juk e ver como queda (é igual en KDE que no resto de aplicacións?). Máis 
que nada porque ás veces coido que habería que ter en conta como se contraen 
ou expanden os widgets segundo a lonxitude do texto.

Xa que estamos, eu uso kontact e en galego quédame algo incomodo porque á 
barra de tarefas da esquerda (os iconos das diferentes aplicación de kontact) 
queda demasiado ancha pola cadea "Lista de Tarefas Pendientes" que eu coido 
que podería quedar en "Tarefas Pendientes" que aporta máis ou menos a mesma 
información e deixa algúns centímetros máis para o widget do contido (que é o 
que verdadeiramente importa).

Un saudo a todos
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a