O Domingo 28 de Marzo de 2004 ás 22:08, Juan dicía:

>Boas tiña gañas de empezar a traducir cousas de KDE, o meu escritorio 
>favorito. Despois de ver a páxina escollín o programa juk que espero acabar 
>pronto (espero non duplicar esforzos).

        Para o tema de que paquetes están a ser traducidos por alguén ou
non, tes que falar directamente con Xabi, o coordinador.

>A miña dúbida era saber como fácedes para comprobar as traduccións, quero 
>dicir unha vez que teña o ficheiro pot rematado como podo facer para executar 
>o juk e ver como queda (é igual en KDE que no resto de aplicacións?). Máis 
>que nada porque ás veces coido que habería que ter en conta como se contraen 
>ou expanden os widgets segundo a lonxitude do texto.

        Para probar unha tradución, necesitarás o paquete gettext.  Executa
isto:

msgfmt juk.po -o juk.mo

        E move o juk.mo ao directorio /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
Executa outra vez o programa e xa debería aparecer traducido (Esta é unha
das instrucións que deberían ir na páxina web, a ver se para cando se
actualice...)

>Xa que estamos, eu uso kontact e en galego quédame algo incomodo porque á 
>barra de tarefas da esquerda (os iconos das diferentes aplicación de kontact) 
>queda demasiado ancha pola cadea "Lista de Tarefas Pendientes" que eu coido 
>que podería quedar en "Tarefas Pendientes" que aporta máis ou menos a mesma 
>información e deixa algúns centímetros máis para o widget do contido (que é o 
>que verdadeiramente importa).

        Todas esas cousiñas son importantes, se podes dillo ao tradutor do
paquete (ou ao coordinador de KDE, para que o xestione el).  E xa que
estamos, dille que é "pendente", non "pendiente" ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a