> O Domingo 28 de Marzo de 2004 ás 22:08, Juan dicía:
> 
> >Boas tiña gañas de empezar a traducir cousas de KDE, o meu escritorio 
> >favorito. Despois de ver a páxina escollín o programa juk que espero
> acabar 
> >pronto (espero non duplicar esforzos).
> 
>       Para o tema de que paquetes están a ser traducidos por alguén ou
> non, tes que falar directamente con Xabi, o coordinador.

Si, son eu. Con respecto a Juk, está asignado a Javier Garaloces. Sei que na
páxina de Trasno no aparece por mor dunha catástrofe que tivera o disco duro

do servidor, e teño que tentar pór iso ao día. Non obstante, levo moito
tempo
sen saber nada de Javier Garaloces, coido que non está a traducilo, pois non

debería de levar tanto tempo. Se queres podes preguntarlle:

garalo...@uvigo.es

e dille que vas da miña parte, ou se o prefires (agardar) pregúntolle eu.



> 
> >A miña dúbida era saber como fácedes para comprobar as traduccións, quero
> >dicir unha vez que teña o ficheiro pot rematado como podo facer para
> executar 
> >o juk e ver como queda (é igual en KDE que no resto de aplicacións?).
> Máis 
> >que nada porque ás veces coido que habería que ter en conta como se
> contraen 
> >ou expanden os widgets segundo a lonxitude do texto.
> 
>       Para probar unha tradución, necesitarás o paquete gettext.  Executa
> isto:
> 
> msgfmt juk.po -o juk.mo
> 
>       E move o juk.mo ao directorio /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/
> Executa outra vez o programa e xa debería aparecer traducido (Esta é unha
> das instrucións que deberían ir na páxina web, a ver se para cando se
> actualice...)
> 
> >Xa que estamos, eu uso kontact e en galego quédame algo incomodo porque á
> >barra de tarefas da esquerda (os iconos das diferentes aplicación de
> kontact) 
> >queda demasiado ancha pola cadea "Lista de Tarefas Pendientes" que eu
> coido 
> >que podería quedar en "Tarefas Pendientes" que aporta máis ou menos a
> mesma 
> >información e deixa algúns centímetros máis para o widget do contido (que
> é o 
> >que verdadeiramente importa).

Tes toda a razón do mundo, pero o de "pendientes" non é verídico ;)).
Ese tipo de cousas gustariame corrixilas, pero estou a agardar por unha
versión
do 3.2.1 para Debian, e como emprego Woody, imaxino que xa saberás de qué
vai 
o tema. De calquera xeito, xa o correxín, e mesmo coido que podería valer
Tarefas
soamente, pero por seren algo rigurosos coa traducción, deixarei Tarefas
Pendentes.
Aínda así, ese tipo de cousas sóenas correxir os propios programadores
mediante
o emprego dunha función especial de Qt (no Qt designer teño experimentado
iso),
de xeito que se o texto non cabe nun ancho prefixado, pois divídese en dúas
ou máis filas.
Quizabes sexa un esquecemento do programador, ou pode que o widget de
Kontact (ese
con fondo gris, pouco usual en KDE) non sexa estándar ou non implemente esa
característica.
Se hai alguén experimentado que enmende os meus erros por favor.

> 
>       Todas esas cousiñas son importantes, se podes dillo ao tradutor do
> paquete (ou ao coordinador de KDE, para que o xestione el).  E xa que
> estamos, dille que é "pendente", non "pendiente" ;)

Deicalogo.

> 
> -- 
> Unha aperta,
> Jesús Bravo Álvarez
> http://www.pobox.com/~suso
> _______________________________________________
> Trasno mailing list
> tra...@ceu.fi.udc.es
> http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno
> 

-- 
+++ NEU bei GMX und erstmalig in Deutschland: TÜV-geprüfter Virenschutz +++
100% Virenerkennung nach Wildlist. Infos: http://www.gmx.net/virenschutz

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a