> do servidor, e teño que tentar pór iso ao día. Non obstante, levo moito
> tempo
> sen saber nada de Javier Garaloces, coido que non está a traducilo, pois
> non
>
> debería de levar tanto tempo. Se queres podes preguntarlle:
>
Acabo de mandarlle un email.

> do 3.2.1 para Debian, e como emprego Woody, imaxino que xa saberás de qué
> vai o tema. 

Pois si eu hai tempo que escollín inestable, e durante as últimas semanas 
andiven como un tolo poñendo apt-get update para ver cando entraban os 
paquetes en inestable (unha semana máis e acabo en experimental). Xa sabes 
que podes facer un pequeno remix cos paquetes de kde.org para woody (aínda 
non coñezo ninguen que os use e gustaríame saber como vai o tema, se explota 
woody non me botes a culpa). 

Outra cousa deume moita ilusión ver como en kde 3.2 estaban os paquetes de 
galego. Así que a ver se conseguemos que o proxecto tire para adiante e 
empezo a axudarvos co voso gran traballo aínda que o meu maior medo é meter 
"a pata" (son dos que ten algo olvidadas ou peor mixturadas as normativas así 
que espero que teñades a ben correxirme cando menta a pata).

> soamente, pero por seren algo rigurosos coa traducción, deixarei Tarefas
> Pendentes.

A min gostame máis tarefas pendentes, creo que aporta un matiz importante para 
o usuario.

> Aínda así, ese tipo de cousas sóenas correxir os propios programadores
> mediante
> o emprego dunha función especial de Qt (no Qt designer teño experimentado
> iso),

Eu creo que é moi fácil esquecerse no designer dalgún spacer e o resultado ás 
veces pasa desapercibido. 
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a