O Mércores, 14 de Abril de 2004 ás 09:47:42 +0200, unho escribía:

> "verbose mode": modo resumido           (¿¿¿e modo detallado???)

 "Modo detallado". "Verbose" significa "lareto" :D

> "sticky"

 "Pegañento". Refírese ao "sticky bit", que é un permiso especial. Nos
ficheiros non significa nada na actualidade; nos directorios serve para que
só o propietario de cada ficheiro o poida borrar ou renomear (o directorio
/tmp, por exemplo, ten este permiso posto). Non hai unha traducción
preferida.

> "edutainment" 

 Se cabe, "educación e entretemento".

> "shell": interprete de comandos

 Ou tamén "shell" sen máis, que é bastante coñecido.

> "frontend"

 "Interface"

> "X Window System"Sistema de xanelas X Windows (emulación de windows )en Unix

 "Sistema X Window" (xa que "X Window", sen S ao final, é o seu nome).

> "shot them up"

 "Mata-mata" (é un tipo de xogos).

> "inkjet": inxectar

 "Impresora de inxección" (ou agora ha ser inxeción, non sei). Se xa falaba
de impresoras, só "inxección" («Escolla a súa impresora: láser, matricial,
margarita, inxección»).

> "HMI"

 "Interface de usuario" (literalmente, "IHM", Interface Humano-Máquina).

> "pygame"

 "pygame". É o nome dun programa.

> "'viz'"

 Significa "é dicir", ou "como segue", ou algo semellante. Tamén hai unha
linguaxe que se chama así, pero... frase completa, por favor.

> "blob"

 Iniciais de "Binary Large OBject". Pon "binario" ou algo semellante.

> "suite"

 "Conxunto de programas".

> "tracking": seguimento 

 "Seguemento", con e

> "framework"

 A traducción literal sería "esquelete" (dun edificio, por exemplo). Ás
veces haino que traducir como "biblioteca de funcións", ou algo polo estilo.

> "backend"

 "Motor", por exemplo. É a parte dun programa ou dun sistema que realmente
fai o traballo.

> "lookNfeel=aparencia          (non seria mellor aparencia e comportamento)

 Non; "look and feel" é xa unha frase feita, que significa aparencia.

> "authoring"

 "Creación". En galego, "autoría" é outra cousa relacionada.

> "framebuffer"

 "Framebuffer". Non hai unha traducción aceptada e xa se coñece por ese
termo. É a memoria asociada á tarxeta gráfica que contén o que se amosa pola
pantalla.

> "resolve proxy"

 Frase completa, por favor.

> "cipher"

 "Cifra", é dicir, método de cifrado. Ah, e "encrypt" e "decrypt" tradúcense
coma "cifrar" e "descifrar", non coma "encriptar" e "desencriptar". Non
temos por que meter e sacar cousas das criptas.

> "tab" 

 "Pestana", coma as de algúns cartafoles ou cadernos.

> "wizard" : mago    (non hai outra traduccion mellor, por exemplo axudante)

 "Asistente", coma en castelán.

> "handling" : manexo

> "development" traducimolo coma "desenvolvemento" ou coma "desenrolo" ???? 

 "Desenvolvemento". "Desenrolar" é desfacer un rolo ;-)

> "environment" traducimolo coma "ambiente" ou coma "entorno" ???? 

 "Ambiente". A palabra "entorno" non existe en galego.

> "Adress Book" traducimolo coma "Axenda" ou coma "Libro de Enderezos" ???? 

 Eu no Mozilla traducino coma "caderno de enderezos". O da axenda resérvase
para citas, etc.

> "viewer" traducimolo coma "visor" ou coma "visualizador" ???? 

 "Visor", que é máis doado :)

-- 

   Tarrío
(Compostela)
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a